viernes, 14 de septiembre de 2012

Andaina Canina pola ruta de sendeirismo "San Xoán da Cova"

Seguindo co  programa de rutas de sendeirismo que o Concello de Vedra promove, achegámosvos unha nova iniciativa que agardamos sexa do voso interés e vos animedes a participar.

Esta novedosa proposta intenta combinar o lecer dos aficionados ao sendeirismo co das persoas que gustan de pasar os seus ratos de ocio cos seus cans, aproveitando as rutas de sendeirismo que temos preparadas para que quen nos visite poida coñecer e gozar do noso municipio.
 
Para iso, o Concello de Vedra en colaboración co Club de cans de familia, Só lles falta falar, organiza una ruta de sendeirismo o vindeiro domingo, 23 de setembro, polo fermoso roteiro de San Xoán da cova, a carón do río Ulla.
 
A saída será ás 10:00 do mirador de Gundián, na parroquia de ponte Ulla, ao pé da antiga ponte do ferrocarril (que é o logo turístico do concello). Transcorrerá ao longo do río ata a antiga ponte da N525, cruzará o núcleo de Ponte Ulla, para continuar polo muíño de Reboredo e seguir a carón do Ulla, pasando a área recreativa de Agronovo, a Casa museo da pesca e o Couto de Ximonde ata a área recreativa de Cubelas en San Pedro de Sarandón.
A actividade cos cans será coordinada por unha especialista en conduta animal, colaboradora do club.
 
As persoas interesadas en participar cos seus cans necesitan facer unha inscrición previa no concello onde recibirán unha serie de pautas para  facilitar a organización da actividade. Esta inscrición pode facerse no teléfono  981 814 691 ou directamente nas oficinas municipais.
As persoas que participen sen cans, non precisan inscribirse, aínda que se recomenda para unha mellor organización da ruta.
Máis información:

No hay comentarios:

Publicar un comentario