TodoCosmos traerá a astronomía ata Vedra
O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago
(USC) organiza, en colaboración con 12 concellos galegos e co financiamento da
Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt), a segunda edición de
TodoCosmos, unha salientable actividade de divulgación astronómica que se
desenvolverá durante todo o ano en Galicia.
Vedra xunto con Noia, Ordes, Oroso e Padrón únese aos concellos que
participaron na edición de 2014, que eran Ames, Lalín, Rianxo, Ribadeo,
Santiago, Sanxenxo, Teo ademais da empresa Optica Val.
Nos vindeiros meses vaise desenvolver unha ampla programación entre as que
inclúen cursos, obradoiros de telescopios e de reloxos de sol, xornadas
escolares, observacións telescópicas e a simple vista, así como visitas guiadas
ao Observatorio da USC e aos de Lalín e Ribadeo.
No noso concello estanse a
programar observacións telescópicas nocturnas para os meses de verán.
A 1ª CITA ESTE MÉRCORES 1 DE ABRIL ÁS 21.30 H NO CAMPO DA FESTA DE VEDRA
No hay comentarios:
Publicar un comentario