viernes, 20 de febrero de 2015

XX XORNADAS ARREDOR DA CAMELIA


Dende o 25 de xaneiro, cun concerto de música sacra da agrupación “Vox Stellae” ata o 7 de marzo cunha excursión ao pazo de Rubiáns e á Illa de Cortegada, a programación cultural da Asociación amigos da Camelia do Val do Ulla non para. 

Esta fin de semana chega o seu prato forte coas súas XX Xornadas nas que haberá actuacións musicais, teatro de rúa, a presentación do libro dos Bolechas en Vedra...

Dende logo a ocasión é inmellorable para pasar un día inesquecible coa camelia de protagonista en todas as súas manifestacións:

- Os traballos ornamentais realizados por 12 asociacións e colectivos diferentes de toda Vedra, que enchen os seus expositores de colorido, creatividade e orixinalidade sempre coa camelia de elemento común.

- A exposición de flor, como expoñente da variedade e calidade coa que conta a camelia en Vedra.

- Os centros de camelia, como outra variante da beleza e riqueza desta flor...

- A exposición de todos e cada un dos debuxos presentados no 15º Concurso de Pintura Infantil da Camelia,  De entre os cales resultaron premiados os seguintes participantes: 

Categoría A ( 3- 6 anos)
1º Premio: Lois Barreiro Carbia. 5 anos. CEIP Ortigueira.
2º Premio: Lena Testa Flaux. 3 anos. CPI Vedra.
3º Premio: Xiana Raviña Rosende. 4 anos. CEIP Ortigueira.
Categoría B ( 7- 9 anos)
1º Premio:  Silvia Tembra Aldonza. 9 anos. CPI de Vedra.
2º Premio:  Martina Sanjuas Casal. 7 anos. CPI Couto Orza.
3º Premio:  Sául de la Fuente Castro. 9 anos. CPI de Vedra.
Categoría C ( 10 - 12 anos) 
1º Premio: María Filloy Seijo. 11 anos. CEIP Ortigueira.
2º Premio: Iria Otero Álvarez. 11 anos. CEIP Ortigueira.
3º Premio: Sara Tembra Aldonza. 12 anos. CPI de Vedra.

E dende logo pódese aproveitar a ocasión para inscribirse nas dúas actividades que a Asociación da Camelia propón e que pechan a programación destas XX Xornadas Arredor da Camelia:

- O 5 de marzo unha charla – coloquio sobre “os principais problemas e enfermidades da camelia” impartida Pedro Mansilla responsable da Estación Fitopatolóxica do Areeiro de Pontevedra. 

- O sábado 7 de marzo unha “excursión ao Pazo de Rubiáns e á Illa de
Cortegada” unha proposta do máis interesante para as persoas amantes da
camelia, da historia e da beleza paisaxística. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario