viernes, 9 de enero de 2015

POSTA A PUNTO 2015

Un ano máis ponse en marcha este programa co obxectivo de xerar un espazo de encontro e formación para a mocidade do concello.
A proposta consiste en desenvolver diferentes obradoiros e actividades entre os meses de xaneiro e xuño de 2015. A temática será variada e terán unha duración de 2 h.

Estas actividades están dirixidas aos/ás xóvenes de entre os 14 ata os 35 anos.

Neste programa contaremos con obradoiros de:
-Cociñas do mundo. Comida Japonesa “Gustaríache aprender a facer sushi?”
-Cociñas do mundo. Comida Mexicana “Descubre como facer unhas deliciosas fajitas”

-Obradoiro de reutilización de roupa, técnicas para combinar “A vida na túa roupa”
- Masterclass Fitness Dance
- Explorando o meu futuro persoal. Orientación socio-laboral  “Do meu talento ó emprego”

No mes de xaneiro teremos:
Obradoiro de “Intercambios europeos, que nos ofrece Europa?”
Día: venres 16 de xaneiro
Hora: 20:00 h.
Lugar: Centro Municipal de Formación (Casa da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla)


Para máis información e inscricións: 981 814 691 – cultura@concellodevedra.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario