lunes, 6 de octubre de 2014

VEDRA de TAPAS


- O Concello de Vedra en colaboración cos establecementos de hostalería asociados á marca “Tabernas da Ulla” organiza o Roteiro - Concurso “Vedra de Tapas”, os días 10, 11, 12, 17, 18, 19 de outubro de 2014 co obxectivo de promocionar a restauración local.

- Cada tapa terá un prezo de venta ao público de 1,50 €.
Tapa + albariño: Se os clientes degustan unha tapa acompañada por un viño albariño das adegas locais, o prezo de venta ao público será de 3,00 €

- CONCURSO DE TAPAS:
Cando un cliente deguste unha tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle a cartilla de votación, na casiña correspondente ao seu establecemento.
Os clientes poden votar tódalas tapas ou parte delas, dándolle a puntuación que consideren: de 0 (mal) a 5 (excelente).
Outorgaranse unha 1ª, 2ª e 3ª mención ás mellores tapas.

SORTEOS E AGASALLOS PARA OS CLIENTES:
Os agasallos a sortear entre os clientes participantes no concurso son:
Unha estancia para dúas persoas nunha casa de turismo rural con almorzo incluido.
Unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes do concello.
Un lote de produtos locais.
1 tarxeta regalo por valor de 50€ para gastar en algún dos establecementos do concello.

Para entrar no sorteo dos diferentes agasallos será preciso:
Ter os selos de como mínimo 10 establecementos.
Ter os seus datos cubertos e lexibles na cartilla de votación e depositala en
calquera das urnas sitas nos establecementos hosteleiros participantes ou na Casa do Concello de Vedra .
As papeletas terán que estar depositadas o domingo 19 de outubro de 2014 ás 23:00h. coma data tope para participar no sorteo e ser válidas para o reconto.

Quen cubra os selos dos 14 establecementos participantes entrará no sorteo extra de 100 €.

CONCURSO FOTOGRÁFICO para grupos:
Considerarase grupo o formado por 5 ou máis persoas.
A foto terá que mostrar que se está facendo o roteiro “Vedra de Tapas”.
Haberá que enviala a casadospeons@concellodevedra.com, e pasará un filtro de valoración e se é admitida subirase o Facebook do Concello de Vedra. A foto máis votada será a gañadora, sempre e cando cumpra os requisitos esixidos para a participación.
Premio: Un lote de produtos locais.



No hay comentarios:

Publicar un comentario