martes, 19 de agosto de 2014

Presentación do libro El reto de Ellan Vannin, 1914-2014 centenario español en el TT


O Tourist Trophy da Illa de Man pasa por ser a carreira de motos máis antiga, dura, rápida e perigosa do mundo. A este fabuloso reto enfrentáronse 28 pilotos españois dende 1914 ata os nosos dias. Abelardo Rendo ( director dos documentais deportivos Mph Mann e Objetivo TT 3.0 ) e o escritor e xornalista Juan Pedro de la Torre ( director do portal web Motoworld.es e da revista Sport-Bike) narran, no libro El reto de Ellan Vannin, 1914-2014 centenario español en el TT, por primeira vez na lingua de Cervantes, a historia desta mítica carreira e a dos intrépidos pilotos que se atreveron a desafiar ao Mountain Course.

No marco da 17ª concentración Moteira do Val do UIlla, organizada polo Motoclube Moteiros Val do Ulla, o vindeiro sábado 23 de agosto, ás 18:00 hrs. na casa de Cultura de Sta. Cruz de Rivadulla, farase a presentación deste interesante e curioso libro a cargo do co-autor e veciño do noso Concello, Abelardo Rendo.

Dende o Concello animamos a tod@s @ veciñ@s que así o desexen a asistir á presentación do libro El reto de Ellan Vannin, 1914-2014 centenario español en el TT, que pretende ser unha homenaxe a estes bravos pilotos e que pensamos que todo amante ao motor, sexan duas ou catro rodas, non deberían perderse.






No hay comentarios:

Publicar un comentario