miércoles, 5 de junio de 2013

Luvas Verdes: A LIMPAR VEDRA.

Co motivo de conmemorar o Día Mundial do Medioambiente, o próximo sábado 8 de xuño, retomamos o programa LUVAS VERDES cunha saída de A LIMPAR VEDRA. Saída polos camiños e montes do noso concello para celebrar unha xornada de limpeza do medio.

Facemos un chamamento a todos aqueles interesados, ás asociacións de veciños, asociacións de todo tipo e grupos de amigos para que nos axuden nesta campaña de limpeza Verde.

Un vertedoiro incontrolado é un foco de contaminación e de riscos sanitarios, e incluso de incendios. Coa súa limpeza, preténdese minimizar e corrixi-los impactos orixinados permitindo a integración do lugar co seu entorno, e elimina-lo hábito de seguir depositando lixo en ditos lugares.

Se queres apuntarte, tomar parte neste programa ou obter máis información podes solicitala no teléfono 981 814 612 ou no enderezo electrónico casadospeons@concellodevedra.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario