martes, 14 de agosto de 2012

GOZA DO ULLA: RUTA SAN XOÁN DA COVA


Goza do Ulla é un programa de rutas de sendeirismo que  o Concello de Vedra promove xunto con outros 18 municipios da ribeira do Ulla.

Nesta iniciativa participamos tódolos concellos que temos en común estar bañados polo río Ulla, aproveitando as rutas de sendeirismo que temos preparadas para que quen nos visite poida coñecer e desfrutar do noso territorio. Para iso, organizamos un calendario de rutas, que se extende entre xullo e novembro de 2012 e que abarca os 19 municipios, dende Antas de Ulla (Lugo), lugar onde ten o seu nacemento o río, ata Catoira (Pontevedra), onde desemboca.

 Deste xeito, podemos ofrecervos que coñezades a natureza e o medio dos concellos  que compartimos o
  río Ulla.
Ruta de San Xoán da Cova
Este  sábado, día
18,  tócalle o turno ao Concello de Vedra e percorrerémola ruta de San Xoán da Cova, unha ruta especialmente bonita que transcurre ao longo do río Ulla, dende a Área recreativa de Cubelas ( San Pedro de Sarandón) ata a Capela de Gundían en Ponte Ulla. Ao longo do traxecto poderemos contemplar: a Ponte colgante de Ximonde, recén inaugurada, a Estación Ictiolóxica de Ximonde , a Casa museo da pesca, a Área recreativa de Agronovo, as barcas do Ulla,  o muiño de Reboredo, a antiga ponte do ferrocarril, a nova ponte do AVE, a Vía da Prata, a Capela de Gundián, o mirador, etc, etc.
A saída terá lugar ás 10.00h da Área recreativa de Cubelas e ao remate, un autobús traeranos de novo a este punto.  Para facilitar a participación temos dous puntos de encontro ás 9.30 horas: diante da Casa do Concello, en Vedra,  e diante da Oficina de Turismo (Casa dos peóns) en San Pedro de Vilanova, nacional 525 PK 326.
Ao remate da ruta haberá unha comida de confraternidade para as persoas que se inscriban. Prezo 18 euros. E despois… máis sorpresas.
Máis información neste blog ou nos teléfonos 981 814 612 ou 981 512 482, tamén en:
Para inscribirse no xantar chamar aos teléfonos 981 814 612 ou 981 512 482

No hay comentarios:

Publicar un comentario