miércoles, 11 de julio de 2012

GOZA DO ULLA

O pasado venres 6 de xullo tivo lugar a presentación do Goza do Ulla, un programa de rutas de sendeirismo que o Concello de Vedra promove xunto con outros 18 municipios da ribeira do Ulla.
Nesta iniciativa participamos tódolos concellos que temos en común estar bañados polo río Ulla, e a idea forza céntrase en aproveitar as rutas de sendeirismo que temos preparadas para que quen nos visite poida coñecer e desfrutar do noso territorio.
Para iso, organizamos un calendario de rutas (que se extende entre xullo e novembro de 2012), tanto para difundir internamente en cada concello, como a outros niveis...
Deste xeito, podemos ofrecervos ós veciños/as que coñezades a paisaxe que tedes preto das vosas casas, pero ademáis que coñezades a natureza e o medio dos concellos próximos.
Calendario de rutas para os meses de xullo e agosto:


 MONTERROSO
MUIÑO DO ALEMÁN
DISTANCIA: 5 KM
14 XULLO
Saída: 11:00 h. no lugar da Feiravella

BOQUEIXÓN
RUTA DOS PESCADORES
8,6 KM
21 XULLO.

TOURO
RIBEIRA DO ULLA
12,8 KM.
5 AGOSTO

ARZÚA:
MUIÑOS DE ROQUE - FERVENZA DAS HORTAS
DISTANCIA: 14 KM
11 AGOSTO.

VEDRA:
RUTA DE SAN XOAN DA COVA
11,2 KM
18 AGOSTO

TEO
AS BEIRAS DO ULLA
9,1 KM.
26 AGOSTO


* Próximamente informaremos dos horarios de saída e complementaremos información.

Máis información (perfil rutas, hora e punto de saída…) e inscricións nas rutas:

vedraconecta/blogspot.com

981512482 – 981814612

No hay comentarios:

Publicar un comentario