viernes, 1 de junio de 2012

CLAUSURA DAS ACTIVIDADES MUNICIPAIS

O xoves 31 de maio celebramos a clausura das actividades municipais en idade escolar.

Primeiro foi o turno dos alumnos e alumnas das clases de inglés que  divididos en catro grupos ofreceron, no salón de actos do Centro socio-cultural de Vedra, unha exhibición dos seus coñecementos en forma de cancións!

A continuación, e xa no pavillón de deportes, presenciamos as exhibicións das actuacións deportivas das disciplinas de karate e patinaxe, que fixeron as delicias do público coas simpáticas coreografías dos máis pequechos e pequechas.

E para rematar a festa ¡Inchables!!

MAIS FOTOS NA PESTAÑA DE FOTOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario