miércoles, 25 de enero de 2012

FOTOCAMELIA


BASES DO CONCURSO FOTOCAMELIA 2012
“Quedada” fotográfica 11 de febreiro de 2012

Participantes:
Poderán participar todas as persoas maiores de idade e menores de 18 anos con autorización dos seus pais ou titores.

Data e custo:
A “quedada” será o día 11 de febreiro pola mañá e realizarase conxuntamente co roteiro “A camelia nos pazos e casas grandes de Vedra”. Esta actividade ten un custo de 2.5 € para os socios e de 5,00 € para os que non son socios da asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla. O prezo inclúe o almorzo e o autobús para a visita polo concello.
Se as condicións meteorolóxicas non permiten a saída, esta quedará aprazada previo aviso aos participantes.

Inscricións e prazos:
É preciso inscribirse para participar, e pode facerse por telefono no número 981 814 612 ou no correo electrónico  casadospeons@concellodevedra.com. O prazo estará aberto ata o día 7 de febreiro.
 
Temática:
O tema do concurso será a camelia nos xardíns de Vedra.

Procedemento de participación:
Só se poderán presentar a concurso fotografías feitas no Concello de Vedra cun máximo de 3 fotografías por participante. Deben cumpri-los seguintes requisitos:

  • As fotos deben ser arquivos JPG
  • Deben de ter un tamaño mínimo de 1200x1600 píxeles
  • Recoméndase unha resolución dixital mínima de 300 ppp
  • Só se aceptarán fotos con retoques de calidade, non de contidos. Por exemplo: axustes de brillo, contraste, balance de brancos, etc.. .
  • O peso do arquivo non debe pasar dun máximo de 5 Mb
  • Se é preciso as obras poden remitirse en formato comprimido (zip o rar)
 
Entrega de obras:
As fotografías poderán presentarse de dúas maneiras distintas: enviándoas por correo electrónico á dirección casadospeons@concellodevedra.com ou ben poderase descargalas directamente no concello, no departamento de Cultura. As fotografías deben de ir acompañadas dos datos do autor: nome, apelidos, enderezo, teléfono, e-mail e lugar do Concello de Vedra onde foron tomadas. O prazo para remiti-las obras remata o 17 de febreiro as 15:00 horas.

Xurado:
- Haberá un Xurado de Admisión para comprobar que as fotografías que se presentan se axustan ás presentes bases, seleccionando as obras que serán expostas na XVIII Xornada Arredor da Camelia o día 26 de febreiro.
- Haberá un Xurado Cualificador composto por profesionais da fotografía.


Fallo do Xurado:
Darase a coñecer o domingo 26 de febreiro as 17:00 horas na Praza da Estación de tren de Santa Cruz de Ribadulla.

Premios:
O premio consistirá en unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes do Concello de Vedra. Todos os participantes neste concurso recibirán un agasallo conmemorativo.

Os participantes, polo feito de inscribirse, aceptan integramente as bases deste concurso. A participación supón a cesión e autorización expresa ao Concello de Vedra de todos os dereitos de propiedade intelectual e de imaxe sobre as fotografías enviadas.

A organización resérvase o dereito de modificar, eliminar ou agregar calquera punto a estas bases.

Organización e Información:
         Concello de Vedra
         Avda. Mestre Manuel Gómez Lorenzo,1
15885 Vedra
Telefono: 981814612

     

No hay comentarios:

Publicar un comentario