miércoles, 28 de mayo de 2014

III Xornadas de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia

O concello de Vedra que conta coa Ruta do viño Rías Baixas, Subzona Ribeira do Ulla (http://doriasbaixas.com/public/ficheros/rutas/Mapa%20Ribeira%20do%20Ulla.pdf ) participa nas ·III Xornadas de portas abertas nas rutas dos viños de Galicia.

A celebración das III Xornadas de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia –que terán lugar as fins de semana do 31 de maio e 1 de xuño nas Rías Baixas e no Ribeiro e os días 7 e 8 de xuño en Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras– bríndanche a escusa perfecta para non demorar máis a experiencia de facer unha orixinal viaxe en torno á vide e ao viño. Tanto en parella como en compañía da túa familia ou dos teus amigos. Por iso, propoñémosche un paseo entre viñedos.

O Bus do Viño

O sábado 31 de maio sairán autobuses dende Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo para facer diferentes visitas pola D.O. Rías Baixas. En cada ruta visitaranse algunhas das adegas participantes nas Xornadas e o xantar terá lugar nun dos restaurantes adheridos á promoción.

En todo momento os asistentes estarán acompañados por un guía turístico. O autobús levará o distintivo das “III Xornadas de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia”.

Actividade gratuíta para os participantes nas III Xornadas (agás o xantar, non incluído). Aforo limitado.

Máis información e reservas en 986 091 088 ou en info@rutadelvinoriasbaixas.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario