viernes, 30 de mayo de 2014

13ª Volta ciclista á provincia da Coruña

O próximo venres día 6 de xuño comeza a 13ª Volta  ciclista á provincia da Coruña que constará de 3 etapas. A primeira etapa Vedra - Vedra,  constará dun circuíto de 128,4 km de lonxitude. A meta – saída estará situada no Pazo de Ortigueira e o circuíto percorrerá todas as parroquias do noso concello, e na maioría delas ata dúas veces.

Durante o transcurso da proba haberá cortes puntuais de pistas, e contarase con todas as medidas de seguridade dispoñibles para facilitar o paso dos ciclistas, polo que vos solicitamos a vosa colaboración, ao igual que na anterior Volta ciclista a España, para  que o transcurso da proba discorra coa maior seguridade posible.

Precisamos voluntarios de cada parroquia para regular o trafico  e aportar seguridade nos cruces do itinerario. A proba celebrase entre as 14:00 e as 17:00 horas, aínda que os voluntarios só terán que estar nas horas que pase pola súa parroquia. Na vindeira semana distribuiremos os horarios detallados. Todos os voluntarios estarán identificados cunha camiseta específica da volta para que sexan visibles.

Facemosvos un chamamento e contamos con vós. Todo aquel voluntario que estea interesado en participar, que nolo faga saber no teléfono 981814691 ou no mail cultura@concellodevedra.com .

 
 
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario