jueves, 28 de febrero de 2013

X Mostra de Teatro Amador Teatrofilia 2013


No mes de marzo o protagonista é sen dúbida o TEATRO, que coma sempre chegará da man da Asociación Cultural Papaventos.

Este ano a Mostra de Teatro Amador Teatrofilia  cumpre dez anos!!

 
PROGRAMA:

- Venres 8 de marzo ás 21:15 h: Asociación Cultural San Campio (San Miguel de Sarandón, Vedra) con ”A tía Asunción vén da Arxentina” e “A diferenza salta á vista” e Tira e Afloxa (S. Pedro de Vilanova, Vedra) con “Ao pé da lareira” .

- Sábado 9 de marzo ás 21:15 h: Ullán Teatro (Santa Cruz de Rivadulla, Vedra) con “Ghrelos Crest”

- Domingo 10 de marzo ás 16:45 h: Talía Teatro cunha obra infantil e ás 19:15 Talía Teatro con “Pelos na lingua” (Grupo profesional)

- Venres 15 de marzo ás 21:15 h:  Teatro Avento (Vigo) con “Fantasticks”

- Sábado16 de marzo ás 21:15 h: Grupo de Teatro Coelima de Guimaraes con “Assim nasceu Pevidém”.

- Domingo 17 de marzo ás 19:15 h: Avelaíña Teatro (Pontevedra) con “María Castaña”.

- Venres 22 de marzo ás 21:15 h: Aula de Teatro da USC (Santiago de Compostela) con “Agamenón. Volvín do supermercado e deille unha malleira a meu fillo”.

 - Sábado 23 de marzo “Gala X aniversario”

- Domingo 24 de marzo ás 16:15 h: Tarde infantil: Grupo de Teatro da A. C. Cotomanguelo (Orazo); Nenos de San Miguel de Sarandón (Vedra); Tira e Afloxa Cativos.

E ás 19:15 h NNC Teatro (Santiago de Compostela) con “Pim, Pam, Clown”.

 

  • PREZO DA ENTRADA: 2 €
  • PREZO DO BONO: 5 €

miércoles, 13 de febrero de 2013

POSTA A PUNTO: COCIÑA DE SUPERVIVENCIA II

PROGRAMA DE FORMACIÓN PARA A XUVENTUDE

Poñemos en marcha este programa co obxectivo de xerar un espazo de encontro e formación para a xente nova do concello.

A proposta consiste en desenvolver un obradoiro diferente os terceiros venres de cada mes entre xaneiro e xuño de 2013.

- Son un total de 5. A temática é variada.
- Terán unha duración de 2:00 h.
- Están dirixidos aos/ás xóvenes de entre os 14 ata os 35 anos.
- Para obter certificación é preciso participar en 3 dos 5 obradoiros.

As prazas son limitadas.

Lugar de celebración dos obradoiros: Centro Municipal de Formación (Casa da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla)

Hora: 20:00 h.

Venres 15 de febreiro             .

COCIÑA DE SUPERVIVENCIA II

"Aprender a cociñar sen quedar no intento”

Olvídate do microondas e das comidas precociñadas, aquí podes perderlle o medo á sarten e á pota. Trátase dun obradoiro no que poderás adquirir coñecementos básicos para a supervivencia na cociña. Se eres estudante fóra da casa ou tes interese en achegarte á cociña por se en algunha ocasión teso que ser o anfitrión sen papis e mamis na casa, esta é a túa mellor opción.

viernes, 1 de febrero de 2013

XIX Xornadas Arredor da Camelia


A Asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla en colaboración co Concello de Vedra organizan as XIX Xornadas arredor da Camelia, que este ano lucirán co seu máximo esplendor o día 24 de febreiro na Casa da Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla.
Estas xornadas enchen de contidos culturais e turísticos os meses de febreiro e marzo con actividades como a Ruta Btt da Camelia, Fotocamelia, roteiros, obradoiros...

PROGRAMA DE ACTIVIDADES:

13º Concurso de Pintura Infantil da camelia

Está aberto o prazo para presentarse ao concurso ata o 11 de febreiro, poderán participar os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

 
Anímate, aínda estás en prazo!!!

Fotocamelia 2013.

Concurso de fotografía

Poderán participar no concurso todas aquelas persoas que se dediquen á fotografía de forma profesional ou afeccionada, que sexan maiores de idade ou menores de 18 anos con autorización dos seus pais ou titores.

 
O tema do concurso será: A camelia, flor de inverno”. As fotografías presentadas a concurso deberán adaptarse ao tema da convocatoria, e ser tomadas no termo municipal de Vedra. Poderán presentarse ata 3 fotografías por participante.

BASES CONCURSO FOTOCAMELIA
 
O prazo para presentar os traballos remata o 18 de febreiro.

 
Día 24 de febreiro

XIX Xornada arredor da camelia

Este ano volvemos organizar a xornada na Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla e contaremos coas seguintes mostras:

·         Traballo ornamental con camelia: elaborado polas asociacións e parroquias do concello. Igual ca noutras edicións, coa orixinalidade dos participantes crearase un colorido escaparate que terá como único protagonista  a camelia.

·         Mostra de flor: todos os participantes contarán cun espazo mínimo de 1m2 para decorar coas súas camelias. Se desexan entrar a concurso deben identificar un máximo de tres flores dentro da súa composición. Os premios serán obras de arte doadas por Cándido Pazos.

·         Mostra de Centros: elaborados con base de camelia, exporanse todos aqueles que se presenten, tanto se deciden concursar coma se non.

·         Fotocamelia 2013: mostra das fotografías presentadas ao concurso.

·         13º Concurso de Pintura infantil, mostra dos traballos que os nenos e nenas presentaron ao concurso.

·         Escaparate de viveiros e xardíns.

 
As persoas participantes contarán cun agasallo pola súa colaboración.

 

 Programa:

9:00 -12:00 h. Preparación das exposicións

12:30 h. Inauguración da xornada por Don Antonio Crespo Iglesias,       
Director Xeral de Desenvolvemento Rural da Conselleria  de Medio Rural e do Mar e Director Xeral de AGADER.

13:15 h. Concerto da Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla

13:45 h. Viño Galego

17:00 h. Presentacion do libro: Terra, festas e música popular. Pequenas historias      de Vedra de 1891 a 1900. Autor: Henrique Neira Pereira.

18:00 h. Entrega de premios e agasallos de participación.

19:00 h. Concerto: A Gaita de Sarandón – Requinteiros da Ulla.

20:00 h. Clausura e peche das exposicións.

A partir das 16:30 h. E durante toda a tarde contaremos con obradoiros de animación para nenos (inchables, xogos populares, pintura de cara,..)


Día 2 de marzo

Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, 11:00h

VISITA GUIADA AO PAZO DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA, PARAÍSO SEÑORIAL E MUNDO DE CAMELIAS.

CARLOS RODRÍGUEZ DACAL. Botánico


Esta ruta lévanos a percorrer e descubrir con novos ollos o Pazo de Santa Cruz de Ribadulla da man de Carlos Rodríguez Dacal, botánico e Catedrático de Ciencias Naturais.

Esta actividade será gratuíta, pero é preciso incribirse no teléfono 981814691 ou no stand da organización durante a xornada do día 24 na Casa da Estación do Tren.

 

Día 7 de marzo

Viveiro de Ortigueira, 16:00h

OBRADOIRO PRÁCTICO DE REPRODUCIÓN, COIDADOS E AGARIMOS DA CAMELIA NO VIVEIRO DE ORTIGUEIRA

Obradoiro impartido polo noso amigo Jose Luís Mogo Otero, viveirista e encargado do Vivieiro de Ortigueira, que nos guiará na reprodución, solución de enfermidades e pragas da camelia dende o punto de vista dun viveirista experto no seu coidado.

As prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse antes do martes 5 de marzo no teléfono 981814691 ou no stand da organización durante a xornada do día 24 de febreiro.


día 17 de marzo

RUTA CICLOTURÍSTICA EN BTT DA CAMELIA POLO VAL DO ULLA

Deportistas de toda a comunidade terán a oportunidade de participar nesta marcha Btt e percorrer as paraxes vedresas ao tempo que practican o seu deporte favorito.

O percorrido rondará os 40 kms, é cualificado de dificultade media. Partirá do Campo da Festa de Tomonde (situado na parroquia de Sta Cruz de Ribadulla) ás 09.30 h da mañá e estará aberto a todos os públicos.