lunes, 28 de enero de 2013

PRESENTACIÓN PÚBLICA DO ENTROIDO TRADICIONAL DA ULLA

Os Xenerais da Ulla chegaron dacabalo á praza do Obradoiro para escenificar un típico "atranque" ou "alto", que serviu de presentación pública do noso entroido tradicional.

Esta presentación pública na principal praza de Santiago de Compostela pretendía ser un só un aperitivo dos actos que terán lugar dende finais de xaneiro e ata mediados de febreiro nos oito concellos onde se celebra esta festividade tradicional e única no seu xénero, e que por segunda vez colaboramos na súa promoción conxunta: Boqueixón, A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vila de Cruces, ademais de Vedra.

Neste proxecto de promoción conxunta colaboran tamén as Deputacións de A Coruña e de Pontevedra. As dúas deputacións acolléron sendos actos de presentación do Entroido da Ulla 2013 e sumáronse á demanda dos nosos concellos para conseguir que o Entroido dos Xenerais sexa declarado de Interese Turístico.

O Entroido da Ulla remonta as súa orixes a primeira metade do s. XIX e baséase nos enfrontamentos bélicos que se viviron na comarca nese século: a invasión do exército napoleónico, a revolución do 1846 ou as guerras carlistas. Xenerais e correos engalanados conforman a espectacularidade desta auténtica expresión do Entroido tradicional galego.
Máis información enhttp://www.xeneraisdaulla.com/

martes, 22 de enero de 2013

FOTOCAMELIA 2013


BASES CONCURSO FOTOGRAFÍA
 


1- Participación:
Poderán participar no concurso todas aquelas persoas que se adiquen á fotografía de forma profesional ou afeccionada, que sexan maiores de idade ou menores de 18 anos con autorización dos seus pais ou titores.

2- Temática:
O tema do concurso será:A camelia: flor de inverno
As fotografías presentadas a concurso deberán adaptarse ao tema da convocatoria, e ser tomadas no termo municipal de Vedra. 

3- Obras a concurso:
Poderanse presentar ata 3 fotografías por participante.

As fotografías que se presenten non poderán ter sido premiadas noutros concursos.
Deben reuni-los seguintes requisitos:

Viaxe á neve a San Isidro

DATAS: 1,2 e 3 de marzo de 2013

PREZOS:

- Con todo incluído: 135 €

- Sen aluguer de material e con clases: 120 €

- Con aluguer de material sen clases: 120 €

- Sen aluguer de material nin clases: 105 €

Inclúe:

-2 noites en apartamentos con almorzo e cea

(O xantar é nas pistas por conta de cada un.

Aloxamento a 15 Km. das pistas)

- 2 días de Fortfait

- Clases de 2 horas. Os días 2 e 3

- Equipos de esquí (os dous días): esquís, botas, bastóns e casco.

- Transporte (con desprazamentos a pistas)

Participantes:

- Terán prioridade os/as mozos/as de 18 a 35 anos (Consultar requisitos. Os non empadroados no concello terán un incremento de 25 € no custe total)

- O prazo para anotarse estará aberto ata o día 15 de febreiro. (Prazas limitadas)

 

jueves, 17 de enero de 2013

Arranca o Laboratorio Audiovisual de Vedra

  
 
Lav013-cartazOrganizado pola Asociación Cultural Senunpeso, terá lugar nunha nova ocasión o Laboratorio Audiovisual de Vedra, que comezará o vindeiro 16 de febreiro nas instalacións do CEIP de Vedra.
Máis información aquí.



viernes, 11 de enero de 2013

POSTA A PUNTO


PROGRAMA DE FORMACIÓN PARA A XUVENTUDE

 Poñemos en marcha este programa co obxectivo de xerar un espazo de encontro e formación para a xente nova do concello.

 A proposta consiste en desenvolver un obradoiro diferente os terceiros venres de cada mes entre xaneiro e xuño de 2013.

  - Son un total de 5. A temática é variada.

 - Terán unha duración de 2:00 h.

- Están dirixidos aos/ás xóvenes de entre os 14 ata os 35 anos.

- Para obter certificación é preciso participar en 3 dos 5 obradoiros.

As prazas son limitadas.

Lugar de celebración dos obradoiros: Centro Municipal de Formación  (Casa da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla)

Hora: 20:00 h.

Venres 18 de xaneiro                                 .

COCIÑA DE SUPERVIVENCIA I

"Aprender a cociñar sen quedar no intento”

Olvídate do microondas e das comidas precociñadas, aquí podes perderlle o medo á sarten e á pota. Trátase dun obradoiro no que poderás adquirir coñecementos básicos para a supervivencia na cociña. Se eres estudante fóra da casa ou tes interese en achegarte á cociña por se en algunha ocasión teso que ser o anfitrión sen papis e mamis na casa, esta é a túa mellor opción.

martes, 8 de enero de 2013

13º concurso de pintura infantil da camelia

 A Asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla e o Concello de Vedra presentan unha nova edición do Concurso de Pintura Infantil da Camelia, que no marco das Xornadas arredor da camelia, se organiza co fin de dar a coñecer e por en valor esta planta e as súas flores entre a poboación mais nova do concello e da comarca.

 DESCARGA BASES CONCURSO DE PINTURA INFANTIL