viernes, 28 de septiembre de 2012

Vedra “Pobo Aquarius”, “pobo adoptivo”

O Concello de Vedra participa en “Pueblos Aquarius”, unha campaña publicitaria que centra a súa mensaxe en intentar revitalizar o turismo interior de pequenos pobos a través da web www.laeraaquarius.com, ofrecéndolle ás persoas de cidade a posibilidade de facerse “fillo adoptivo” dun pobo Aquarius e con ese título poder desfrutar dunha serie de ofertas nos establecementos de hostelería do pobo.

Aproveitamos a ocasión para agradecerlle a súa colaboración aos establecementos participantes nesta promoción, que dalgún xeito axuda a poñer a Vedra “no mapa”.

Visítanos no seguinte enderezo web: http://aquarius.cocacola.es/pueblo.php?id=134, difunde esta importante promoción do teu “ pueblito lindo” e presume de Concello.

lunes, 24 de septiembre de 2012

Andaina canina



Seguindo co  programa de rutas de sendeirismo que o Concello de Vedra promove,  desenvolveuse este domingo, 23 de setembro, en colaboración co Club de cans de familia, Só lles falta falar, unha ruta de sendeirismo, polo fermoso roteiro de San Xoán da cova, a carón do río Ulla.

Esta novedosa proposta buscaba combinar o lecer dos aficionados ao sendeirismo co das persoas que gustan de pasar os seus ratos de ocio cos seus cans, aproveitando as rutas de sendeirismo que este concello preparadas para que quen os visite poida coñecer e desfrutar do  municipio.

Nesta nova inciativa participaron participaron medio cento de persoas , máis da metade acompañados das súas mascotas. A xornada transcurriu con normalidade a pesares de que a climatoloxía non animaba á participación, aínda que salvo ao comezo da ruta e xusto ao remate, nos que a chuvia e o vento restaron brillosidade ao evento, o resto estivo seco e cunha temperatura óptima para o percorrido.

A saída foi ás 10.00 h do mirador de Gundián, na parroquia vedresa de Ponte Ulla, ao pé da antiga ponte do ferrocarril (que é o logo turístico do concello). Transcurreu ao longo do río ata a antiga ponte da N525, cruzou o núcleo de Ponte Ulla, onde veciños e vendedores dos postos da feira (que se celebra cada 4º domingo do mes) se viron sorprendidos ao paso dos cans. Continuou polo muiño de Reboredo e seguiu a carón do río Ulla, pasando a área recreativa de Agronovo, a Casa museo da pesca e o Couto de Ximonde ata chegar á área recreativa de Cubelas en San Pedro de Sarandón.

Ao remate parte dos sendeiristas compartiron comida na parroquia de San Miguel de Sarandón e os comentarios versaban sobre a beleza, o coidado e a singularidade da ruta, que animaron aos participantes a repetila.

A actividade cos cans foi coordinada por unha especialista en conduta animal, colaboradora do club.

As persoas  participantes cos seus cans necesitaron facer unha inscrición previa no concello onde recibiron unha serie de pautas para  facilitar a organización da actividade.

 

viernes, 14 de septiembre de 2012

Andaina Canina pola ruta de sendeirismo "San Xoán da Cova"

Seguindo co  programa de rutas de sendeirismo que o Concello de Vedra promove, achegámosvos unha nova iniciativa que agardamos sexa do voso interés e vos animedes a participar.

Esta novedosa proposta intenta combinar o lecer dos aficionados ao sendeirismo co das persoas que gustan de pasar os seus ratos de ocio cos seus cans, aproveitando as rutas de sendeirismo que temos preparadas para que quen nos visite poida coñecer e gozar do noso municipio.
 
Para iso, o Concello de Vedra en colaboración co Club de cans de familia, Só lles falta falar, organiza una ruta de sendeirismo o vindeiro domingo, 23 de setembro, polo fermoso roteiro de San Xoán da cova, a carón do río Ulla.
 
A saída será ás 10:00 do mirador de Gundián, na parroquia de ponte Ulla, ao pé da antiga ponte do ferrocarril (que é o logo turístico do concello). Transcorrerá ao longo do río ata a antiga ponte da N525, cruzará o núcleo de Ponte Ulla, para continuar polo muíño de Reboredo e seguir a carón do Ulla, pasando a área recreativa de Agronovo, a Casa museo da pesca e o Couto de Ximonde ata a área recreativa de Cubelas en San Pedro de Sarandón.
A actividade cos cans será coordinada por unha especialista en conduta animal, colaboradora do club.
 
As persoas interesadas en participar cos seus cans necesitan facer unha inscrición previa no concello onde recibirán unha serie de pautas para  facilitar a organización da actividade. Esta inscrición pode facerse no teléfono  981 814 691 ou directamente nas oficinas municipais.
As persoas que participen sen cans, non precisan inscribirse, aínda que se recomenda para unha mellor organización da ruta.
Máis información:

miércoles, 12 de septiembre de 2012

Ciclo Teatral “FEGATEA MÓVETE”



 

Como xa nos teñen acostumados a Asoc. Cultural Papaventos volve a traernos teatro.


Esta vez a través da súa colaboración coa Federación Galega de Teatro Afeccionado preséntannos "FEGATEA MÓVETE" co seguinte cartel.

  




    

Data actuación
Grupo
Obra
16/09/2012
RUEIRO (Vigo)
A MIÑA MULLER E O FONTANEIRO
22/09/2012
CHUMPÁ TEATRO (Cuntis)
MARIBEL E A EXTRAÑA FAMILIA
23/09/2012
METATESE (Palas de Rei)
BOLBORETAS




LUGAR DAS REPRESENTACIÓNS: CASA DA TERCEIRA IDADE DE VEDRA

HORA DAS REPRESENTACIÓNS: 20.00 h

PREZO POR REPRESENTACIÓN: 2 € por persoa.

Os menores de 12 anos terán entrada gratuíta!!




Programa de Actividades Culturais e Deportivas

Coa chegada do curso escolar comeza a programación cultural e deportiva do Concello de Vedra.
Bótalle unha ollada!!!!!!
Hai actividades para todas as idades, podes consultalas neste blog clickando na pestaña que ves na parte de enriba.

jueves, 6 de septiembre de 2012

Axenda desta fin de semana en Vedra

O Concello de Vedra ofreceche varias alternativas para o lecer nesta proxima fin de semana.
Así tes:
- O 7, 8, e 9 de setembro as Festas do Gundián.

- O 8 e 9 de setembro o I Torneo Val do Ulla Cadete e Xuvenil


Presentación de 'Cántigas da Ulla' e 'Coplas ulláns' na Ponte Ulla


Hoxe 6 de setembro, antevéspera da romaría do Gundián, a Asociación Cultural Raiceiros presentará contra as nove da noite as publicacións 'Coplas ulláns' e 'Cántigas da Ulla' na antiga reitoral da Ponte Ulla.