Este xoves día 30 de agosto, a partir das 16:00 horas na piscina municipal de Vedra, Gran Festa de Clausura dos Cursos de Natación.
Haberá inchables acuáticos, globoflexia, música, xogos,... Achégate ata a piscina e pasa unha tarde diferente!!!!!!!!!!
viernes, 24 de agosto de 2012
AXENDA PARA ESTA FIN DE SEMANA.
Vedra ofreceche unha gran variedade de alternativas para desfrutar da fin de semana:
Festas do Santiguiño en San Pedro de Vilanova
XV Concentración Moteira Val do Ulla
III Festa do Chourizo
Festas do Santiguiño en San Pedro de Vilanova
XV Concentración Moteira Val do Ulla
III Festa do Chourizo
Tamen podes alugar unha piragua ou unha barca na Área de
Recreo Agronovo (En Santa Cruz de Ribadulla) ou aproveitando que estan limpas,
realizar calquera das rutas de sendeirismo que atravesan o noso municipio.
Máis información das rutas no
enlace:
martes, 21 de agosto de 2012
150 participantes na Ruta de San Xoán da Cova
Este
sábado, día 18, tocoulle o turno
ao Concello de Vedra e case 150
participantes percorreron a ruta de San Xoán da Cova, unha ruta
especialmente bonita que transcurre ao longo do río Ulla, dende a Área
recreativa de Cubelas ( San Pedro de Sarandón) ata a Capela de Gundían en Ponte
Ulla. Ao longo do traxecto contemplamos: a Ponte colgante de Ximonde, recén
inaugurada, a Estación Ictiolóxica de Ximonde , a Casa museo da pesca, a Área
recreativa de Agronovo, as barcas do Ulla,
o muiño de Reboredo, a antiga ponte do ferrocarril, a nova ponte do AVE,
a Vía da Prata, a Capela de Gundián, o mirador, etc, etc.
A saída tivo lugar ás 10.00 h da Área
recreativa de Cubelas e ao remate, un autobús trouxonos de novo a este
punto. Achégase foto feita antes da saída
con parte dos participantes.
Ao remate da ruta houbo unha comida
de confraternidade servida pola pulpería Juan Guerra, na Área recreativa de Cubelas (punto de saída)
na que participaron 76 persoas das que
fixeron a ruta.
A singular beleza das paraxes polas
que transcurre a ruta e o bo tempo axudaron a que fose un rotundo éxito.
martes, 14 de agosto de 2012
GOZA DO ULLA: RUTA SAN XOÁN DA COVA
Nesta iniciativa participamos tódolos concellos que temos en
común estar bañados polo río Ulla, aproveitando as rutas de sendeirismo que
temos preparadas para que quen nos visite poida coñecer e desfrutar do noso
territorio. Para iso, organizamos un calendario de rutas, que se extende entre
xullo e novembro de 2012 e que abarca os 19 municipios, dende Antas de Ulla
(Lugo), lugar onde ten o seu nacemento o río, ata Catoira (Pontevedra), onde
desemboca.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)