viernes, 27 de julio de 2012

GOZA DO ULLA. PRÓXIMAS ETAPAS


TOURO
RIBEIRA DO ULLA
12,8 KM.
5 AGOSTO
www.touroturismo.com
981504029

ARZÚA:
MUIÑOS DE ROQUE - FERVENZA DAS HORTAS
DISTANCIA: 14 KM
11 AGOSTO.
www.concellodearzua.com
981500000

INAUGURACIÓN DA PASARELA DE XIMONDE

NOVO ATRACTIVO TURÍSTICO PARA OS TURISTAS E A VECIÑANZA DE VEDRA
Xa contamos en Vedra cun novo atractivo turístico para desfrutar neste verán, inaugurouse o xoves 26 de xullo unha nova pasarela peonil en Ximonde.
Esta pasarela conta cunha lonxitude de case 100 metros e facilita a unión de ambas marxes do río Ulla, entre Vedra e os nosos veciños da Estrada. Esta ubicada a altura do Couto Salmoneiro de Ximonde onde xa existía unha pasarela que foi derrubada por unha forte riada no inverno do ano 2000.

O Couto de Ximonde conta cunha Estación Ictiolóxica para o estudo da poboación existente de salmón. Nunha estación deste tipo captúranse e analízanse os exemplares de salmón, só existen catro estacions deste tipo en Galicia.

Con este novo equipamento agardamos darlle un impulso o Turimo en Vedra e contamos con verte en Vedra.


+ información

martes, 24 de julio de 2012

HORARIO DO PUNTO LIMPO PARA ESTE VERÁN


NOVO HORARIO DO PUNTO LIMPO
DO CONCELLO DE VEDRA


* OS MARTES       DE 10.00 h a 14.00 h
                           DE 16.00 h a 19.00 h

* OS SÁBADOS     DE 10.00 h a 14.00 h


Desculpen as molestias

lunes, 16 de julio de 2012

NOITE LIBRE E INTERCULTURAL

O sábado 21 de xullo no restaurante Aldea Grande.
Como broche de ouro e despedida do intercambio, o Departamento de Xuventude promove esta actividade que servirá de encontro da mocidade vedresa con xóvenes de diferentes paises europeos.

INTERCAMBIO DE ACOLLIDA EN VEDRA

Entre o 15 e o 22 de xullo un grupo de 25 mozos de Bulgaria, Portugal e Vedra participan nun intercambio europeo de acollida no noso concello.

Entre as actividades máis destacadas desta iniciativa encóntranse: intercambio de experiencias sobre patrimonio e desenvolvemento, coñecemento da Vía da Prata do Camiño de Santiago, do Sistema Fluvial Ulla-Deza da Rede Natura 2000, encontros interxeracionais cos máis novos e cos maiores do municipio.

Unha vez rematada esta acollida, un grupo de 7 mozos/as de Vedra, viaxarán a Bulgaria para participar noutro intercambio multilateral nese país, entre o 29 de xullo e o 10 de agosto.


miércoles, 11 de julio de 2012

Descenso do Ulla en Piraguas

Sábado 21 de xullo

O descenso do Ulla en Piraguas, transcorrerá entre as Illas de Gres Ponteledesma) e a Ponte de Sarandón, ao longo dun percorrido de aproximadamente 15 quilómetros, atravesando unhas paisaxes naturais de grande interese medioambiental.

A saída será ás 11:00 h. con parada na Área de Recreo de Agronovo para xantar, e logo continuaremos a ruta ata o final.

Prezo: 20 € persoa (Inclúe piragua de 2 persoas e seguro).

Opcional comida: 5 €/pers.

Poderán participar os maiores de 13 anos (con autorización).

Prazas limitadas.

Máis información e inscricións no tf: 981 814 691.

GOZA DO ULLA

O pasado venres 6 de xullo tivo lugar a presentación do Goza do Ulla, un programa de rutas de sendeirismo que o Concello de Vedra promove xunto con outros 18 municipios da ribeira do Ulla.
Nesta iniciativa participamos tódolos concellos que temos en común estar bañados polo río Ulla, e a idea forza céntrase en aproveitar as rutas de sendeirismo que temos preparadas para que quen nos visite poida coñecer e desfrutar do noso territorio.
Para iso, organizamos un calendario de rutas (que se extende entre xullo e novembro de 2012), tanto para difundir internamente en cada concello, como a outros niveis...
Deste xeito, podemos ofrecervos ós veciños/as que coñezades a paisaxe que tedes preto das vosas casas, pero ademáis que coñezades a natureza e o medio dos concellos próximos.
Calendario de rutas para os meses de xullo e agosto:


 MONTERROSO
MUIÑO DO ALEMÁN
DISTANCIA: 5 KM
14 XULLO
Saída: 11:00 h. no lugar da Feiravella

BOQUEIXÓN
RUTA DOS PESCADORES
8,6 KM
21 XULLO.

TOURO
RIBEIRA DO ULLA
12,8 KM.
5 AGOSTO

ARZÚA:
MUIÑOS DE ROQUE - FERVENZA DAS HORTAS
DISTANCIA: 14 KM
11 AGOSTO.

VEDRA:
RUTA DE SAN XOAN DA COVA
11,2 KM
18 AGOSTO

TEO
AS BEIRAS DO ULLA
9,1 KM.
26 AGOSTO


* Próximamente informaremos dos horarios de saída e complementaremos información.

Máis información (perfil rutas, hora e punto de saída…) e inscricións nas rutas:

vedraconecta/blogspot.com

981512482 – 981814612

viernes, 6 de julio de 2012

Luvas Verdes. A limpar Vedra

Dentro da programación de "Luvas Verdes" a próxima cita será o mércores 11 de xullo.

LIMPAR VEDRA será o noso cometido.

Axuda a limpar o lixo das zonas verdes e os vertedoiros incontrolados da túa parroquia.

Toma parte das "Patrullas Verdes" como voluntario ambiental e colabora na limpeza do teu concello.

Reunión no campo da festa de Vedra ás 19:00 horas. VÉMONOS ALÍ!!!!!!!

Se queres tomar parteou obter máis información podes solicitárnola no teléfono 981 814 691 ou no correo electrónico casadospeons@concellodevedra.com.

jueves, 5 de julio de 2012

FIN DA LIGA DE FUTBOL SALA E DA COPA CONCELLO DE VEDRA

CADRO DE HONRA DA COPA DE FUTBOL SALA CONCELLO DE VEDRA 2012


3º CLASIFICADO: VENTE VINDO -  ALQUIMAO
SUBCAMPIÓN: ELECTRICIDAD NEIRA
CAMPIÓN: TABERNA O PATIO


CADRO DE HONRA DA LIGA DE FUTBOL SALA CONCELLO DE VEDRA 2011 – 2012


MÁXIMO GOLEADOR. JOSÉ ANTONIO MARQUE GONZÁLEZ (A TABERNA O PATIO)
EQUIPO MENOS GOLEADO: A TABERNA O PATIO

3º CLASIFICADO: SHALKE SOMOS 4
SUBCAMPIÓN: VENTE VINDO - ALQUIMAO
CAMPIÓN: A TABERNA O PATIO



Esta liga de fútbol sala Concello de Vedra 2012 foi disputada entre os seguintes 14 equipos:
A DORNA
A TABERNA O PATIO
BACALHAU
BRAÑAS DO CASTRO
CONXO F.S.
ELECTICIDAD NEIRA
MARMOLO BAR
OS REVENTADOS
REPUBLICA DE FONTAO
SHALKE SOMOS 4
TAPERIA 2 ELES CHBB
VAGALUME
VENTE VINDO – ALQUIMAO
XUVENTUDE F.S



GRACIAS A TODOS OS PARTICIPANTES E PARABÉNS AOS CAMPIÓNS!!


miércoles, 4 de julio de 2012

Campamentos de Verán !!

En  agosto o Concello de Vedra organiza un campamento de verán, no que os rapaces e rapazas gozarán dun montón de actividades nas instalacións de Virxe de Loreto de Porto do Son.

O departamento de cultura e xuventude de Vedra pon a disposición da mocidade de entre os 9 e os 16 anos ata 30 prazas en tres quendas diferentes quen van do 2 ao 13 de agosto.

Aínda estás a tempo de conseguir a túa praza!!!!!

*Para obter máis información e para inscribirte nas prazas que aínda quedan dispoñibles chama ao teléfono 981 814 691.

Aluguer de Piraguas e Barcas do Ulla na Área de Recreo de Agronovo

O Concello de Vedra infórmate de que ao longo dos meses de xullo e agosto, os sábados e domingos pola tarde  entre as 16:00 e 20:00 h. poderase acceder libremente ás Piraguas e ás Barcas do Ulla mediante o seu aluguer a un prezo de 3 € /hora.

Non perdas a ocasión de realizar esta actividade que che permite gozar da paisaxe ao tempo que practicas deporte!!