jueves, 26 de abril de 2012

Xornada Galega de Enogastronomía

O Concello de Vedra está a colaborar con Turgalicia e coa Ruta do Viño Rías Baixas na Xornada Galega de  Enogastronomía que se celebrará o próximo sábado 26 de maio.

A Xornada inclúe a visita guiada e gratuíta ás adegas participantes na promoción. Todas elas terán as súas portas abertas durante este día. Dependerá da túa elección visitar unha ou varias. Ao finalizar a visita ofreceranche como agasallo unha degustación dos mellores viños de  Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra ou Valdeorras. Tamén atoparás unha serie de restaurantes onde poderás xantar aproveitando a oferta especial deste día. Os menús compoñeranse de primeiro e segundo pratos, acompañados ambos con viños da Denominación de Orixe na que te atopes. O prezo final, con IVE, será de 25 € e levará incluída a sobremesa. Os restaurantes adheridos a esta promoción ofrecerán, ademais, menús infantís para os nenos menores de 12 anos que acompañen aos adultos. O prezo destes menús infantís será de 10 € (ive incluído). E en cada Ruta poderás atopar ademais un programa especial para ese sábado 26 de maio.

Dende o Concello propoñemos unha visita gratuíta denominada “Pazos e Xardíns históricos do concello”. A ruta comezará as 11:00 da mañá e partirá da Casa dos Peóns (Oficina de Turismo en San Pedro de Vilanova).
Reserva a túa praza ata o 24 de maio no telefono 981 814 612 ou en casadospeons@concellodevedra.com.

Os establecementos adheridos á Ruta do Viño Rías Baixas súmanse a esta iniciativa con varias propostas:

Pazo de Galegos,  Adega Valdés e a destilería Aguardientes de Galicia propoñen unha xornada de portas abertas o 26 de maio con visitas gratuítas aos seus establecementos.

O Restaurante Villa Verde propón dúas variantes de menú especial para este día, acompañados de viños da DO Rías Baixas, a un excelente prezo  de 25 euros por persoa.

E os aloxamentos  Casa Suárez e Pazo de Galegos ofrecen  descontos especiais para a ocasión.

miércoles, 18 de abril de 2012

OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS

ESTE VENRES 20 DE ABRIL, OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS NA CASA DA ESTACIÓN DE TREN DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA ÁS 20.00 H

O Programa Posta a Punto, proposto polo Departamento de Xuventude do Concello de Vedra desenvolve cada terceiro venres de cada mes un obradoiro de temática de interese xuvenil.
Contidos deste obradoiro:
1.- Pensa e actúa. Habilidades de interacción social.
2.- Falando sen problema. Habilidades sociais básicas de comunicación.
3.- Vive e convive!. Convivencia social.
4.- Ser afectivo é intelixente. Intelixencia emocional
*Será moi útil e moi divertido. Anímate a participar. Chama ao 981 814 691 ou escribenos a cultura@concellodevedra.com

VIAXE AO GRAN PREMIO MOTOGP DE ESTORIL A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE MAIO

A Área de Extensión Sociocultural e de Desenvolvemento de Vedra proponche esta viaxe a Estoril con motivo da celebración do Gran Premio de MotoGP.
O prazo de inscrición rematou pero aínda quedan 8 prazas libres e unha pode ser túa.
DATAS: 4,5,6 de maio
PREZOS: Para as persoas empadroadas en Vedra 75 €
Para as persoas non empadroadas en Vedra 90 €
INCLUE: O transporte en autobús de ida e volta, o aloxamento, as entradas para os entrenamentos do sábado e para a carreira do domingo, a cea do sábado e o almorzo do domingo.
*AS 8 PRAZAS LIBRES QUE QUEDAN OUTORGARANSE POR ESTRICTA ORDE DE INSCRICIÓN!!

martes, 3 de abril de 2012

Reforestación Voz Natura na EIM de Vedra



A Escola Infantil Municipal participou outro ano mais no programa "Voz Natura". Dentro das actividades programadas neste marco o  sábado 24 de marzo a EIM de Vedra organizou unha xornada de REFORESTACION en colaboración co Concello de Vedra, onde os cativos do centro, axudados polos seus pais e avós,  reforestaron unha leira ao lado da escola.  


AULA MIXTA

 
Esta actividade complementa as levadas a cabo na semana anterior con motivo do día da árbore, onde cada aula acompañada da súa mestra plantou cadanseu frutal  na eira da escola.

SEGURO QUE SE HAN DE RECOLLER MOITOS FROITOS!!!!!!!!!!!

AULA 2 ANOS

AULA  1 ANO