miércoles, 29 de febrero de 2012

XVIII Xornadas arredor da camelia

Esta edición das xornadas encheu de actividades o mes de febreiro, e todas elas tiveron a camelia como verdadeira protagonista.

Primeiro foi o “Roteiro: A Camelia nos pazos e casas grandes de Vedra” que o pasado sábado 11 de febreiro visitou distintos pazos do concello e algunha das súas casas con gran riqueza de camelias e que fixo moi animada  a mañá.

Esta iniciativa novidosa involucrou a un total de 49 participantes, que disfrutaron dunha soleada mañá e na que puideron aproveitar a ocasión para capturar as súas imaxes para participar na proposta de Fotocamelia.

Para rematar o grupo desfrutou dunha degustación de productos típicos do Concello doados por establecementos colaboradores.
En definitiva unha mañá distinta para dar pistoletazo de saída ás XVIII Xornadas da Camelia.

Seguidamente o xoves 16 de febreiro na Casa da Estación do Tren, que acolleu nesta ocasión as ditas xornadas, desenvolveuse o “Obradoiro: Multiplicación de camelia por estaquiñas e enxerto” impartido por dona Leonor Magariños. Este obradoiro tamén foi moi ben acollido polo público en xeral e ata 35 persoas participaron del.

E desta maneira chegou o día grande, o domingo 26 de febreiro. Neste día a Praza da Estación de Tren de Santa Cruz acolleu as XVIII Xornadas da Camelia, convertida nun escaparate para esta flor de inverno. Nela ata 16 participantes presentaron as súas composicións ornamentais. Ademais presentaronse as fotografias participates en FOTOCAMELIA e os concursos para a mellor flor de camelia e o mellor centro foral.

Ás 12.00 h da mañá e da man do Secretario Xeral da Consellería de Medio Rural e do Mar quedou inaugurada esta xornada, na que a beleza da camelia quedou máis realzada que nunca.

A nota musical veu de man das dúas Escolas de Música do Concello de Vedra e a tarde estivo marcada pola entrega de premios nas diferentes categorías e os obradoiros infantís.

Por outro lado a Asoc. Amigos do Ferrocarril  estivo presente toda a xornada coa súa exposición “50 anos de historia do ferrocarril”  e moi especialmente coa proxección do documental “Carrilanos. Os túnelos dun tempo”.



Ás 20.00 h clausuraba esta xornada a conselleira de Medio Rural e do Mar Dona Rosa Quintana Carballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario