jueves, 2 de febrero de 2012

Entroido da Ulla – Xenerais da Ulla






O pasado venres 3 de febreiro tivo lugar na Paza do Obradoiro a  presentación do proxecto  Entroido da Ulla – Xenerais da Ulla, no que participan os oito Concellos nos que esta celebración tradicional ten máis calado: Boqueixón, A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces.

Os representantes municipais cos Xenerais da Ulla no Obradoiro
Este proxecto busca a posta en valor deste entroido  no que o Concello de Vedra participa activamente. O protocolo de colaboración ten coma obxectivo xenérico promover conxuntamente as diferentes celebracións do Entroido da Ulla que teñen lugar nos oito concellos. Un dos obxectivos concretos que se marcan é a consecución da Declaración de Festa de Interese Turístico, tanto de Galicia como de España.
 Os Xenerais da Ulla fixeron unha representación dun típico "alto" ou "atranque", elemento central desta festividade, convidando a participar nos múltiples eventos que terán lugar durante o mes de febreiro nun total de vinte e sete lugares e parroquias dos oito concellos.
Neste ano, coa colaboración das Deputacións de A Coruña e Pontevedra, desenvolveuse por primeira vez unha páxina web, www.xeneraisdaulla.com, na que se poderá consultar a información máis interesante sobre a festividade, así como os diferentes eventos que terán lugar nos diferentes lugares e parroquias. Editáronse tamén un cartel e un folleto promocionais

 "Atranque" na praza

No hay comentarios:

Publicar un comentario